lunes, 30 de marzo de 2015

Revista "Ollos de aula"

  Como en cursos anteriores, o EDL publicou no taboleiro do centro a revista "Ollos de aula" que edita a Coordinadora de ENDL para as familias do alumnado. Nesta revista abórdanse temas relacionados coa lingua e co tratamento da educación dos rapaces orientado ós pais.

 Nesta entrada poden verse as portadas dos cinco números editados durante este curso.



 Se queredes ver os contidos, premede nesta ligazón.

Ollos de aula

miércoles, 11 de marzo de 2015

V xornada da ciencia en galego


 O 5 de novembro celebramos o día da Ciencia en galego. E xa levamos cinco edicións participando na videoconferencia que organiza a Coordinadora de ENDL e que reivindica o ensino científico na nosa lingua. Este curso o tema escollido foi a linguaxe da programación de ordenadores. Na ligazón que hai abaixo ven un resumo do tratado na videoconferencia. No noso centro participou o alumnado de 3º da ESO e o profesorado de Tecnoloxía.



A ciencia da programación de ordenadores

domingo, 8 de marzo de 2015

Calendario 2014-15







Como tódolos cursos, o EDL editou un calendario escolar no que incorporamos imaxes da Arousa. Este ano o tema escollido foi a fauna do Carreirón, principalmente aves. As fotos son de Fco M. Cores, quen nolas cedeu para o calendario e para o vídeo que acompaña esta entrada.


domingo, 1 de marzo de 2015

Magosto


 Comezamos hoxe a publicar dende este blog as actividades que se van facendo no EDL do IES Illa de Arousa. Como xa levamos andado moito este curso, iremos poñendo actividades xa realizadas en datas anteriores. De primeira, unha feita no mes de novembro xunto co departamento de extraescolares, o magosto. Todo o centro participou e ademais contamos con xogos tradicionais e un grupo de música.