lunes, 11 de mayo de 2015

Concurso de adhesivos curso 2014-15


 E outro curso máis a Coordinadora de ENL do Salnés convocou o concurso de adhesivos para os centros da nosa comarca. Desta vez o tema escollido foi o das variedades dialectais do galego. Por suposto o seseo e a gheada gañaron por goleada. Os premiados de cada categoría foron recoñecidos coa edición da súa obra en adhesivo. Unha alumna nosa de 1ºB, Carla Bugallo, ficou finalista. Inda que non se editou o seu traballo, si que formou parte da exposición itinerante que se fixo cos mellores debuxos e lemas. 

 Eiquí vos mostramos un dos traballos que se presentaron ó concurso. A artista é Noa Núñez Allo, de 3º.





No hay comentarios:

Publicar un comentario